Más de uno ourense

Noelia Pérez: "Ourense non é Cenicienta nin está marxinada pola Xunta"

Noelia Pérez, dixo en Más de Uno Ourense que "Ourense non é Cenicienta nin está marxinada pola Xunta" como avalan os investimentos, en referencia ás queixas do rexidor municipal reiteradas nas últimas semanas.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

A edil do PP no Concello de Ourense, Noelia Pérez, repasou en Onda Cero cuestións de actualidade como a necesidade de sacar a concurso as concesións municipais en precario (con especial mención á da recollida de lixo) e a do transporte do que dixo que "actualmente é un caos".

Por outro lados responsabilizou "ó 90%" o caos circulatorio habido na cidade o venres debido á celebración dunha proba ciclista organizada pola Xunta e dixo que "o Alcalde é un especialista en botar balóns fora".

OSZAR »