SANIDADE PÚBLICA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda inaugura a nova UCI do Complexo Hospitalario de Ourense

A nova UCI conta con 30 boxes e tecnoloxía avanzada. O presidente da Xunta Alfonso Rueda aseguraba na visita ao CHUO que "fronte as criticas inxustas hai realidades".

Jesús Álvarez

Ourense |

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda inaugura a nova UCI do CHUO
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda inaugura a nova UCI do CHUO | Onda Cero Ourense

A nova Unidade de Coidados Intensivos do novo edificio de hospitalización do CHUO comezará a funcionar na vindeira semana toda vez que o vindeiro martes 18 de Marzo comecen os traslados. Así o anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda nunha visita inaugural acompañado do Conselleiro de Sanidade Antonio Gómez. As novas instalación enmarcadas na segunda fase requeriron 10,2 millóns de euros de inversión e están dotadas con 30 boxes, 6 deles para pacientes illados. A obra contemplou actuación nunha superficie de 2600 metros cadrados nas que tamén se ubican novas áreas de apoio ao persoal, área para as familias, administrativa e de doazón ca oficina de coordenacion de transplantes. Na inauguración ensalzaronse aspectos coma "a luz natural" e a "humanización" destas novas áreas.

O titular do executivo autonómico afirmaba que é consciente de que "ainda queda moito por facer" no hospital de Ourense pero puña en valor todalas inversións millonarias na sanidade pública de Galicia destacando os importantes "avances tecnolóxicos e a medicina do futuro" para contar cunha sanidade pública de calidade na que según Rueda "ás veces se reciben críticas inxustas"

As obras da nova uci foron proxectadas trala pandemia da covid 19 que xusto cumple agora cinco anos algo que lembraba a Xefa de Medicina Intensiva do CHUO, María José De La Torre quen ademáis de expresar agradecementos puña en valor "aos grandes equipos de profesionais" que traballan nestas unidades.

OSZAR »